2

Jocomunico: unha APP que ‘traduce’ pictogramas a frases en linguaxe natural

Interfaz da APP Jocomunico.

Jocomunico é unha aplicación para ordenadores, móbiles e tabletas que permite a persoas sen comunicación oral, con parálise cerebral ou outras discapacidades, expresarse normalmente ao traducir os conxuntos de pictogramas seleccionados en linguaxe natural, permitindo así a comunicación espontánea e ata o uso de tempos verbais ou de distintos tipos de expresión, como preguntas, imperativos ou desexos.

A aplicación, desenvolvida en tan só seis meses, contou coa participación de diversas persoas con parálise cerebral da Fundación Prodis Tarrasa (pertencente ao movemento ASPACE), encargadas de probar e avaliar a aplicación durante tres meses, o que permitiu lanzar a aplicación con todas as súas funcionalidades adaptadas ás necesidades do colectivo.

A aplicación é gratuita e pode descargarse en www.jocomunico.com, estando dispoñible tanto para móbiles Android como iOS. Ademais ten a posibilidade engadida de poder executarse a través dun navegador, o que permite ter a aplicación sincronizada en todos os dispositivos. Desta forma, os comunicadores personalizados de cada usuario, así como as súas preferencias e configuracións estarán sempre dispoñibles aínda que cambie de dispositivo.

Jocomunico conta con teclado por varrido (ou escaneo) para que poida ser manexada por aquelas persoas con menor mobilidade a través de botóns adaptados (e outros periféricos), permitindo así que non sexa necesario facer uso da pantalla do dispositivo. Ademais pódense configurar frases e almacenalas para o seu uso posterior; así mesmo conta cun sistema de predicción de pictogramas, podendo, ademais, gardarse aqueles máis usados como favoritos.

A importancia desta aplicación é dobre, primeiro porque as oracións que escoita o receptor da mensaxe son perfectamente comprensibles e en linguaxe cotiá e natural, e segundo porque permite ás persoas con discapacidade ‘redactar’ as súas frases no momento, e non levalas fixadas con antelación, o que posibilita a espontaneidade da linguaxe.

*Información extraída da páxina web de ASPACE.

0

Seis trucos para evitar o deterioro cognitivo

deterioro cognitivo

Información extraída de Talleres Cognitiva.

A dificultade á hora de comprender instrucións ou de recordar acontecementos concretos é sinal dun deterioro cognitivo, que pode ser prevido seguindo varios consellos. Ademais das recomendacións que xa ofrecemos en Talleres Cognitiva, desexamos ofrecer algúns trucos adicionais para evitar o deterioro cognitivo.

1. Dorme suficientes horas. Finalizar o día a unha hora moi tardía sabendo que será necesario madrugar ao día seguinte é unha decisión que ademais de propiciar o cansazo e a ineficacia tamén podería abrir a porta ao deterioro cognitivo. Todos deberiamos durmir as horas necesarias para estar completamente descansados ao día seguinte. O estrés e a ansiedade poden potenciar o deterioro cognitivo, e unha dos xeitos máis útiles para evitar sentirse angustiado é precisamente durmindo máis.

2. Repite as instrucións as veces que sexa necesario. A todos nos sucede de cando en vez que, cando nos piden un recado, tardamos en comprender a actividade concreta que debemos realizar, ou esquecemos algunhas partes da tarefa en cuestión. Un xeito moi práctico de comprender todos os pasos da actividade que debemos realizar é precisamente repetindo todos os pasos.

3. Crea asociacións. Para evitar posibles esquecementos, asocia a información que desexas recordar cos datos que xa coñeces. Se che presentan a unha persoa nova, poderás recordar o seu nome se asocias a esta persoa con outra persoa que ten o mesmo nome. Pode ser alguén famoso ou unha persoa que ti coñezas.

4. Utiliza moito a linguaxe. Un xeito moi sinxelo de atrasar o deterioro cognitivo é falando. Explica aos demais que actividades realizaches ese día, participa en conversas e goza dos xogos de palabras.

5. Coida a túa saúde. Ademais de alimentarte correctamente tamén deberás controlar o tabaquismo, a hipertensión arterial, a diabetes e a dislipemia. Evita o alcohol e as drogas, e recorda que é importante tamén previr o sobrepeso.

6. Evita a rutina. No canto de realizar sempre as mesmas actividades, intenta que o teu día estea composto por unha variedade de tarefas.

0

Como exercitar o cerebro

cerebro

Información extraída de Ojo Científico.

O noso cerebro e o seu funcionamento, cos seus 100 mil millóns de neuronas conectadas, é o resultado de 600 millóns de anos de evolución do sistema nervioso e é a fonte dos nosos pensamentos e sentimentos, así como das nosas esperanzas, soños, penas e alegrías.

O cerebro humano é un dos obxectos de estudo máis complexos para a ciencia. Ninguén podería nunca aprender as instrucións para construír un cerebro do modo que o fai a natureza ao momento da concepción.

Pero o cerebro, do mesmo xeito que o corpo, tamén necesita ser exercitado, de modo que as millóns de neuronas e de conexións presentes nel teñan un funcionamento máis óptimo. Agora imos ver como é posible tamén exercitar o cerebro traballando sobre as principais funcións cognitivas.

A memoria

Esta función cognitiva do cerebro humano xoga un papel crucial en moitas das actividades diarias, tales como a lectura, o razonamento e os cálculos mentais. Para manter unha boa memoria esta debe ser adestrada, algo que é máis fácil do que parece.

Por exemplo, escoitar música é unha actividade non só disfrutable senón que tamén pode servir como exercicio, ao tratar de memorizar a letra dalgunha canción. Outro exercicio pode ser cepillar os dentes coa man que non utilizas habitualmente, o que axuda a construír unha nova asociación no cerebro, é dicir, unha distinta conexión neuronal. Poden ler máis consellos neste artigo: como mellorar a memoria.

A atención

A atención é fundamental tamén en practicamente todas as actividades e tarefas diarias. A boa atención permite ademais manter a concentración en algo malia posibles distraccións ou centrarse en máis dunha tarefa á vez.

Unha forma moi efectiva de exercitar a atención é cambiando as rutinas habituais, xa sexa cambiando o camiño en que te dirixes ao traballo ou o colexio diariamente, ou modificar a ubicación das cousas na túa contorna diaria. Isto fará que o cerebro deba poñerse en funcionamento novamente e prestar atención ao que antes era mecánico e espontáneo.

A linguaxe

A importancia da linguaxe é primordial, como é sabido, e é esta a que marca a nosa habilidade para recoñecer, recordar e entender as palabras e a comunicación en xeral. Cunha práctica habitual en torno á linguaxe pódese mellorar o vocabulario, as habilidades gramaticais e expandir o coñecemento.

Isto pódese exercitar lendo cousas diariamente pero, en lugar de artigos habituais -a sección de deportes do xornal, por exemplo-, intentar con cousas das que non temos tanto coñecemento ou non resulten de todo fáciles de entender -poñamos por caso, un artigo sobre economía no mesmo periódico-.

Habilidades visuais e espaciais

Vivimos nun mundo colorido e en tres dimensións. Analizar información visual e espacial é esencial para desenvolvernos no medio da nosa contorna. Para exercitar esta función cognitiva, podes entrar nunha habitación e memorizar cinco obxectos alí presentes.

Ao saír da habitación intenta recordar cales eran os obxectos e onde estaban situados. Se resulta demasiado fácil, volve intentalo dúas horas despois.

Función executiva

Sen sequera notalo a maioría das veces, adoitamos utilizar os nosos coñecementos lóxicos e habilidades de razonamento diariamente para tomar decisións, elaborar determinadas hipóteses ou considerar certas consecuencias ante unha acción específica.

Actividades nas que se debe definir unha estratexia ou calcular os posibles movementos danse todos os días; pode ser na visita a un amigo, na que se deba razoar que responder ou planear cousas para facer, ou pode ser mesmo mentres se goza dun videoxogo, que obriga á solución de problemas.

Xa poden ir implementando estes exercicios diarios que, aínda que é pouco probable que lles permitan ter un cerebro único como o de Einstein, seguramente melloren o desenvolvemento en moitas das actividades cotiás.