0

Desenvolven unha manga intelixente que recupera a mobilidade tras un ictus

Esquema do funcionamento da manga WiFi.

O proxecto permite avanzar no longo e custoso proceso de recuperación aumentando a eficacia da terapia.

Un grupo de investigadores da Universidade de Southampton (Reino Unido) puxo en marcha un proxecto en colaboración co Imperial College de Londres para mellorar a recuperación dos pacientes que sufriron un derrame cerebral ou ictus.

O equipo de traballo desenvolveu unha manga WiFi que permite mellorar a recuperación da funcionalidade do brazo e a man tralo ictus. Os expertos apuntan a que este tipo de recuperacións son duradeiras e complicadas debito a que os pacientes deben practicar as actividades na súa casa e non están supervisadas polos especialistas.

Por iso, o proxecto do grupo de traballo británico recolle de xeito automático a información intelixente sobre os músculos e a forza do brazo mentres os pacientes realizan os exercicios de rehabilitación no fogar.

Tras esta recopilación, os datos son enviados vía WiFi a un ordenador onde tanto paciente como especialista poden consultar os avances na súa recuperación.

A manga incorpora unha tecnoloxía coñecida como ‘mechanomyography’, é dicir, sensores do estilo de micrófonos, que son capaces de detectar a vibración dun músculo cando se contrae, e unha unidade de medición inercial que utiliza acelerómetros triaxiais, xiroscopios e magnetómetros para detectar o movemento.

A manga aínda non se fixo realidade, senón que, de momento, trátase dun texto sobre papel, pero o proxecto de dous anos foi financiado cun millón de libras polo Instituto Nacional de Investigación para a Saúde do Reino Unido, co que aínda lles queda tempo e recursos para desenvolver o prototipo.

*Información e imaxe extraídas de El Diario Vasco.