0

Froita e verdura máis baratas, corazón máis san

Neveira chea de froitas e verduras.

Reducir o custo nun 10% dos alimentos saudables, tales como as froitas e as verduras, e, polo contrario, incrementar outro 10% o das comidas menos recomendables, como as bebidas azucradas, axudaría a previr un importante número de falecementos causados por infartos e ictus. De fecho, segundo os expertos, esta dobre medida parece que podería ser máis efectiva que calquera das campañas desenvolvidadas nos últimos 15 anos. Así o afirma un estudo que se acaba de presentar no congreso científico sobre Epidemioloxía e estilos de vida da Asociación Americana do Corazón.

Un grupo de científicos da Escola Friedman de Ciencias e Políticas da Nutrición na Universidade Tufts de Boston (EEUU) e a Facultade de Medicina de Harvard utilizaron modelos informáticos para predicir como varios cambios nos prezos poderían afectar nos hábitos alimenticios e, en consecuencia, na merma das enfermidades cardiovasculares.

Segundo os resultados, de aquí a 2030, a redución do custo dos alimentos máis saudables traduciríase nunha taxa de mortaldade por enfermidades cardiovasculares un 1% menor, o que significaría entre 64.000 e 69.000 mortes menos por estas causas. Cando o modelo predictivo ‘xogaba’ cunha caída de prezos do 20%, o número de falecementos descendía nun 2%, e se era do 30%, nun 2,6%, é dicir, entre 191.000 e 205.000.

Para comparar, apuntan os autores deste traballo, unha campaña que promocione o consumo de froitas e verduras nos medios de comunicación durante un ano é quen de reducir a taxa de mortalidade cardiovascular nun 0,1%, ou o que é o mesmo, entre 7.500 e 8.300 mortes. As estimacións indican que unha campaña destas características que se prolongue 15 anos podería diminuír o número de falecementos nun 0,3% (entre 22.800 e 24.800 mortes).

En definitiva, a campaña informativa sería un 35% menos eficaz que a redución dos prezos para a prevención da mortalidade por enfermidades cardiacas e accidentes cerebrovasculares.

Alimentos máis caros

Doutra banda, o aumento do prezo doutros alimentos que, pola contra, son menos saudables, por exemplo, as bebidas azucradas, tamén ten unha influencia moi positiva na saúde cardiovascular da poboación. Nun periodo de cinco anos, aumentar o custo deste tipo de produtos nun 10% supón un descenso das enfermidades do corazón e os ictus en case un 0,1%. Nun prazo de 20 anos, un 0,12%. Concretamente, os ataques ao corazón poderían diminuír nun 0,25% en ambos marcos temporais e os accidentes cerebrovasculares mermarían nun 0,17% en dúas décadas. Ademais, a diabetes tamén caería nun 0,2% en cinco anos e nun 0,7% en 20 anos.

En conxunto, o modelo informático demostra que para o ano 2035 sería posible previr 515.000 mortes por enfermidades carviovasculares e preto de 675.000 eventos tales como infartos e ictus nos Estados Unidos. “Un cambio na dieta pode ser un reto, pero se se logra a través da elección persoal ou de cambios no mercado, pode ter un efecto profundo na saúde cardiovascular”, sinala Thomas Gaziano, médico, profesor de Saúde Pública en Harvard (Boston) e un dos autores desta investigación.

Estas dúas medidas non só melloran a saúde do corazón, tamén modifican os hábitos alimenticios, o estilo de vida. Datos como estes avalan políticas dirixidas directamente aos prezos. “Os nosos achados apoian a necesidade de aplicar máis ou menos impostos aos alimentos en función do saudables que son”, sentencia outro dos expertos desta análise, Dariush Mozaffarian, médico e decano da Gerald J. Dorothy R. Friedman e a Escola de Nutrición e Ciencias Políticas na Universidade de Tufts.

Varios estados do país norteamericano tiveron en conta xa nas súas políticas estas conclusións, aplicando impostos especiais sobre as bebidas azucradas e eliminándoos da froita ou a verdura. “A mala alimentación contribúe de xeito importante na enfermidade cardiovascular, que é a principal causa de morte en EEUU. Polo tanto, os gobernos deben implementar políticas eficaces para facer fronte a esta carga cada vez maior”, recalca Jonathan Pearson-Stuttard, investigador principal e membro clínico e académico de Saúde Pública no Imperial College de Londres.

*Información e imaxe extraídas de El Mundo.

Advertisements
0

Comer froitas e verduras pode reducir o risco de ictus

verduras

O risco de accidente cerebrovascular reduciuse nun 32 por cento con cada 200 gramos de froita consumida cada día e un 11 por cento por cada 200 gramos de vexetais que se inxeriron a diario.

Información e imaxe extraídas de republica.com.

Comer máis froitas e verduras pode reducir o risco de accidente cerebrovascular (ACV) en todo o mundo, segundo conclúe unha nova investigación que se publicou en Stroke: Journal of the American Heart Association. Os seus autores realizaron unha metaanálise de 20 estudos publicados nos últimos 19 anos para avaliar os efectos da inxesta de froitas e verduras no risco de accidente cerebrovascular a nivel mundial. En todas as análises participaron 760.629 homes e mulleres que sufriron 16.981 accidentes cerebrovasculares.

O risco de ACV reduciuse nun 32 por cento con cada 200 gramos de froita consumida cada día e un 11 por cento por cada 200 gramos de vexetais que se inxeriron a diario. “Mellorar a dieta e o estilo de vida é fundamental para reducir o risco cardiaco e o accidente cerebrovascular na poboación xeral”, aconsella o autor principal do estudo, Yan Qu, director da unidade de coidados intensivos no Hospital Municipal de Qingdao e profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Qingdao, na China.

“En particular, é moi recomendable unha dieta rica en froitas e verduras, xa que cumpre coas necesidades de micronutrientes, macronutrientes e fibra”, agrega. Os macronutrientes (carbohidratos, proteínas e graxas) aportan calorías ou enerxía e o noso corpo necesita pequenas cantidades de micronutrientes como vitaminas e minerales.

Este investigador fixo alusión a estudos que demostran que o alto consumo de vexetais e froita pode diminuír a presión arterial e mellorar a función microvascular, ademais de que ten efectos favorables sobre o índice de masa corporal (IMC), a circunferencia da cintura, o colesterol, a inflamación e o estrés oxidativo.

Os efectos beneficiosos das froitas e as verduras aplícanse de xeito coherente a homes e mulleres, o prognóstico do accidente cerebrovascular e por tipo de accidente cerebrovascular (causados por coágulos ou hemorraxia). Os científicos non atoparon diferenzas significativas no efecto da idade (menor ou maior de 55 anos).

Os expertos axustaron os resultados do estudo a factores como o tabaquismo, o alcohol, a presión arterial, o colesterol, a actividade física, o índice de masa corporal e outras variables dietéticas e combinaron os resultados de seis estudos de Estados Unidos, oito de Europa e seis de Asia (China e Xapón).

Pouco consumo nos países en desenvolvemento

Estas análises sinalan que o baixo consumo de froitas e verduras é prevalente en todo o mundo e, especialmente, nos países de baixos e medianos ingresos. Aumentar o consumo de froitas e verduras ata 600 gramos cada día podería reducir a carga de ictus isquémico nun 19 por cento a nivel mundial, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS).

Na China, o accidente cerebrovascular é a principal causa de morte, cunha estimación de 1,7 millóns de persoas que morreron por este motivo en 2010. En Estados Unidos, o accidente cerebrovascular é a causa número catro de morte e o principal motivo de discapacidade.

A Sociedade Americana do Corazón recomenda que o adulto medio coma entre catro e cinco porcións de froitas e verduras todos os días como base dunha dieta de 2.000 calorías. Unha dieta rica nunha variedade de cores e tipos de froitas e verduras é un xeito de obter os nutrientes importantes que a maioría das persoas non obteñen de forma suficiente, incluíndo vitaminas, minerais e fibra dietética, ademais de ser naturalmente baixo en graxas saturas.