0

A OMS lanza a iniciativa ‘Corazóns globais’ para loitar contra as enfermidades cardiovasculares

Maqueta dun corazón humano.

Con esta campaña, a Organización Mundial da Saúde busca previr as máis de 17 millóns de mortes que causan estas patoloxías no mundo.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) lanzou, con motivo da celebración da Asemblea Xeral da ONU, a iniciativa ‘Corazóns globais’ que ten como obxectivo loitar contra as enfermidades cardiovasculares, incluíndo os ataques cardiacos e accidentes cerebrovasculares.

Cada ano estas patoloxías provocan a morte de 17 millóns de persoas en todo o mundo, como consecuencia, en moitas ocasións, de estilos de vida pouco saudables como, por exemplo, o tabaquismo, o consumo de alimentos con demasiado sal ou o sedentarismo. Unhas mortes que, ademais, poderían tamén evitarse se se mellorase o acceso á atención sanitaria e, especialmente, ás probas de presión arterial e colesterol, entre outras.

Perante isto, ‘Corazóns globais’ pretende ampliar a prevención e o control das enfermidades cardiovasculares en todo o mundo e, en especial, nos países en desenvolvemento. Para iso, conta co apoio dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades (CDC) de Estados Unidos, a Federación Mundial do Corazón, a Organización Mundial do Ictus, a Sociedade Internacional de Hipertensión e a Liga Mundial da Hipertensión.

“Esta iniciativa pode aforrar moitos millóns de vidas mediante o aumento gradual das medidas que xa se demostou que son eficaces na prevención das enfermidades cardiovasculares como, por exemplo, aumentar os impostos sobre o tabaco, reducir o sal dos alimentos e fortalecer os sistemas de Atención Primaria. De feito, o uso destas iniciativas permitiu reducir en máis dun 40% a mortalidade por estas patoloxías nos Estados Unidos e nun 80% entre os homes de Finlandia”, asevou a directora xeral da OMS, Margaret Chan.

Tres paquetes de acción

En concreto, ‘Corazóns globais’ conta con tres paquetes: ‘Shake’, un conxunto de exemplos de políticas baseadas en probas científicas para reducir o consumo de sal entre a poboación; ‘Corazóns’, que conta con ferramentas para mellorar o tratamento destas enfermidades nos servizos de Atención Primaria e reducir os niveis altos de presión arterial e colesterol; e ‘Mpower’, que inclúe seis medidas para axudar aos países a aplicar as directrices do Convenio Marco para o Control do Tabaco.

Así mesmo, ademais destes paquetes, a OMS vai proporcionar aos gobernos apoio técnico para implementar e ampliar as intervencións para reducir a presión arterial e previr os ataques cardiacos e accidentes cerebrovasculares.

Estas actividades inclúen o desenvolvemento de protocolos simplificados e normalizados de xestión, a mellora do acceso aos medicamentos e tecnoloxías, o desenvolvemento de plans de control do tabaco ou o seguimiento da implantación das medidas.

“Reducir a demanda dos produtos de tabaco e do sal nos alimentos pode axudar a millóns de persoas a evitar mortes innecesarias e a aparición de patoloxías cardiovasculares. Ademais, pode axudar a aforrar custos aos gobernos con recursos limitados”, apostilou o director da OMS para a Prevención das ENT, Douglas Bettcher.

‘Corazóns globais’ poñerase en marcha inicialmente en Barbados, Colombia, Etiopía, India, a República Islámica do Irán, Xordania, Nepal, Nixeria, Filipinas, Tailandia, Taxikistán e Uganda, aínda que estará aberta a todos os países que desexen participar.

Información e imaxe extraídas do Heraldo de Aragón.

0

O primeiro propósito do ano novo debe ser deixar de fumar

tabaco

O tabaquismo é un dos factores de risco do ictus, a primeira causa do dano cerebral adquirido.

Numerosos estudos demostraron que o tabaco é responsable de ata 25 enfermidades cardiovasculares, respiratorias e oncolóxicas. De feito, fumar mata, e os fumadores perden a partir dos 35 anos ata tres meses de vida por cada ano fumado. É máis; o tabaco foi responsable só en 2012 de máis de 60.456 mortes no noso país -ou o que é o mesmo, de 166 decesos ao día, das que 44 ocorreron en mulleres-. Por todo iso, e coincidindo co inicio do novo ano, a Sociedade Española de Neumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR), que dedicará este 2016 á enfermidade pulmonar obstructiva crónica (EPOC) e ao tabaco, insiste na necesidade de que a poboación abandone o hábito tabáquico.

Como recorda a SEPAR, “deixar de fumar é a decisión máis saudable que calquera persoa pode tomar en calquera momento da súa vida. E para axudar nesta determinación, os nosos expertos en tabaquismo de ofrecen múltiples argumentos para animar aos fumadores a deixar de fumar e recordan que existen tratamentos e programas eficaces para conseguir vencer o hábito tabáquico”.

3.500 substancias tóxicas

Os datos sobre a nocividade do tabaco son tan numerosos como contundentes. E é que ao acender un cigarro inhálanse e chegan ao organismo e pulmóns máis de 3.500 substancias tóxicas para a saúde que, indica a SEPAR, “de ningún outro modo aceptariamos inhalar ou inxerir monóxido de carbono, acetona, naftalina, disolventes, amoniaco, un veleno tan potente como o arsénico, insecticida DDT, chumbo, cadmio, ata elementos radioactivos como Polonio 210, e ata 40 substancias canceríxenas”.

Así, como alerta o doutor Antonio Riesco, coordinador do ‘Ano SEPAR 2015-2016 da EPOC e o tabaco’, “os fumadores non son conscientes de que un cigarro é un produto deseñado para crear e manter a adicción, a nicotina ten unha capacidade adictiva que supera 5 veces á cocaína e a súa única finalidade é producir unha falsa sensación de pracer que engancha. Unha adicción que ademais acaba matando á metade das súas consumidoras habituais”.

Así, e entre outras patoloxías asociadas, cabe lembrar que o tabaco é responsable do 30% das mortes por cancro, do 20% das producidas polas enfermidades cardiovasculares e do 80% das causadas pola EPOC.

E neste contexto, conclúe a SEPAR, “aínda que deixar de fumar non é doado, é posible. Require esforzo, tempo, vontade e apoio non só familiar ou da contorna, senón de expertos, porque a experiencia mostra que poucas persoas o logran no primeiro intento. O apoio profesional pode multiplicar por 10 as posibilidades de deixar de fumar”.

*Información e imaxe extraídas de Somos Pacientes.