0

Diabetes e ictus: alerta de Nadal

Doces de Nadal, pouco recomendables para previr o ictus.

Cómpre inxerir os doces con moderación para previr o ictus.

A clave non está en asustarse, non pasalo ben e pensar que non hai alternativas. Pola contra, si reside en ser precavidos, poñer limites e estar atentos aos sinais do noso corpo. O Nadal é un periodo en que os excesos, as comidas graxas e os desaxustes horarios son protagonistas indiscutibles. Aquí tes consellos para coidar a diabetes e previr o ictus.

Información e imaxe extraídas de EFE Salud.

Excesos e cambios de rutina. Comidas copiosas, a deshoras, embutido, carnes moi graxas, turróns, mazapáns, polvoróns. Prácticas natalicias nunca boas para a saúde, e coas que hai que ter especial coidado se existen ademais outros factores de risco. Se es diabético, xa tiveches un ictus, ou es un paciente en tratamento de anticoagulación, presta atención a estes consellos. E ten en conta unha cousa: nada debe impedirche pasalo ben se así o desexas.

Nadal e diabetes de tipo 2

  • A campaña ‘É diabetes, tómaa en serio’ recomenda axustar os menús para evitar excesos. Martina Miserachs, dietista-nutricionista, aconsella pratos lixeiros, como un consomé ou unha crema de verduras, e de segundo carnes brancas, peixes, verduras e pan integral. A sobremesa, que sexa froita.
  • A experta destaca que pese aos excesos, é fundamental non saltarse ningunha comida para compensalos.
  • O alcohol, ademais de calórico, pode empeorar o control glucémico. Mellor auga, pero se bebes alcohol, que sexan bebidas fermentadas ou de baixa graduación, e durante as comidas.
  • Non abuses dos doces, pero podes probalos con moderación. Elixe variedades sen azucres engadidos.

Pacientes anticoagulados e prevención do ictus

  • Evitar as carnes graxas e, unha vez máis, os excesos, recoméndanos o doutor Jesús Manuel Casado, da man dunha iniciativa de Boehringer Ingelheim.
  • Perante problemas dixestivos que duren máis de 24 horas, as persoas en tratamento de anticoagulación tradicional deben realizarse unha monitorización precoz dos niveis de INR.
  • Coidado con tratamentos antiácidos e cos antibióticos, típicos nestas datas, pois poden interferir os tratamentos mencionados.
  • O alcohol interfere directamente nestes pacientes, polo que se desaconsella a súa inxestión.
  • Despistes coa medicación? Se pasaron menos de 6 ou 8 horas, pódese tomar. Se non, o mellor é aguantar ata a seguinte toma. Non se debe “dobrar a dose ao día seguinte”, remarca o experto.
Advertisements
0

Deixar a medicación antihipertensiva aumenta de risco de ictus

pastillas

Información extraída de Europa Press.

As persoas con presión arterial alta que non seguen o seu tratamento de fármacos antihipertensivos teñen un risco moito maior de sufrir un derrame cerebral e a morte polo ataque en comparación con aqueles que toman a súa medicación correctamente, segundo conclúe un estudo que se publicou este mércores na edición dixital de ‘European Heart Journal’.

A análise realizada con datos de 73.527 pacientes con presión arterial alta atopou que os enfermos que non se adhiren á medicación tiñan un risco case catro veces maior de morrer dun accidente cerebrovascular no segundo ano logo da prescripción dos fármacos para controlar a súa presión arterial e un aumento de tres veces no décimo ano, en comparación cos pacientes que seguen o seu tratamento.

No ano no que os pacientes non adheridos ao tratamento morreron por mor dun accidente cerebrovascular tiñan un risco 5,7 veces maior que os enfermos que seguían o tratamento. Os pacientes que non toman os seus medicamentos correctamente tamén son máis propensos a ser ingresados no hospital logo dun accidente cerebrovascular.

O risco de hospitalización foi 2,7 veces maior no segundo ano despois de que se lles prescribisen fármacos antihipertensivos en comparación cos pacientes adheridos ao tratamento contra a presión arterial elevada, e case 1,7 veces maior no décimo ano. No ano en que ingresaron no hospital cun derrame cerebral, o risco foi case dúas veces maior que os pacientes que tomaban correctamente a súa medicación.

O primeiro autor do estudo, Kimmo Herttua, investigador principal da Unidade de Investigación da Poboación da Universidade de Helsinki, en Finlandia, dixo: “Estes resultados subliñan a importancia de que os pacientes hipertensos tomen os seus medicamentos antihipertensivos correctamente coa fin de minimizar o risco de complicacións graves, como accidentes cerebrovasculares fatais e non fatais”.

Así, este investigador resaltou que os pacientes non adheridos ao tratamento teñen un maior risco “ata dez anos antes de que sufran un accidente cerebrovascular”. “Atopamos tamén que existe unha relación dose-resposta”, afirmou o profesor Kimmo Herttua.

Os investigadores, incluíndo científicos de Finlandia e da Universidade College de Londres, en Reino Unido, utilizaron os rexistros nacionais de Finlandia que dan detalles das receitas, hospitalizacións e mortes. Desta forma, puideron comprobar o éxito dos pacientes que tomaron os seus medicamentos antihipertensivos mediante o seguimento do número de receitas emitidas cada ano.

Os autores do estudo consideraron que os pacientes respectan a medicación si tomaban correctamente os fármacos máis do 80 por cento das veces, mentres a non adherencia á terapia dividiuse en dous grupos: a adhesión intermedia (30-80 por cento de adherencia), e mala adherencia (menos de 30 por cento).

A información sobre a compra de medicamentos dos pacientes estaba dispoñible a partir de 1995 e os investigadores seguíronos desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 2007. Durante este tempo, dos 73.527 pacientes de 30 anos e máis, 2.144 morreron por mor de accidentes cerebrovasculares e 24.560 foron ingresados no hospital cun derrame cerebral.

A evidencia de que o grado de falta de adherencia afecta ao risco dos pacientes (unha relación dose-resposta) atopouse cando os investigadores examinaron ás persoas que tomaron correctamente os seus medicamentos en comparación cos das dúas categorías de non adhesión: “intermedio” e “pobres”.

No ano en que se produciu un accidente cerebrovascular fatal ou non fatal, os pacientes nos grupos “intermedios” e “pobres” tiñan un risco 1,7 veces e 2,6 veces maior de accidente cerebrovascular non mortal, respectivamente, e 3,6 veces e oito veces máis de risco de accidente cerebrovascular fatal, respectivamente, en comparación cos pacientes con boa adherencia.

“Tamén tivemos en conta o feito de que a adhesión da xente pode cambiar co tempo -dixo o doutor Herttua-. Analizamos a asociación ano tras ano entre a adherencia á medicación e os accidentes cerebrovasculares non fatais e fatais”.

Os investigadores observaron clases específicas de fármacos antihipertensivos e acharon que no caso de pacientes aos que se lles prescribiron drogas que actuaban sobre o sistema renina-anxiotensina xunto con diuréticos ou betabloqueantes, os que se adheriron á terapia tiñan un risco 7,5 veces maior de morte e case catro veces máis de risco de hospitalización no ano en que ocorreron os feitos, en comparación cos pacientes que tomaron os seus medicamentos correctamente.