Guía de Nutrición para Persoas con Disfaxia

Portada da guía.

Portada da guía.

Información extraída de Somos Pacientes.

A disfaxia é a alteración ou dificultade no proceso da deglución. É un síntoma que aparece con frecuencia en persoas que sufriron dano cerebral.

As persoas que padecen disfaxia poden ter alterada a eficacia da deglución, e polo tanto, a capacidade para alimentarse e hidratarse de xeito óptima, podendo aparecer cadros de desnutrición e deshidratación. En ocasións poden existir alteracións na seguridade da deglución, con perigo de que se produzan complicacións respiratorias graves.

A abordaxe deste síntoma require actuacións que abarcan un correcto diagnóstico e intervención terapéutica, incluíndo recomendacións nutricionais e tratamento ou reeducación da deglución.

Actualmente no CEADAC poden abordar ambos aspectos, e trala valoración e estudo do paciente, indicar aos afectados e os seus cuidadores pautas de actuación. Co apoio dunha nutricionista, elaboran o catálogo de dietas do CEADAC, que inclúe dous tipos de dietas adaptadas a pacientes con disfaxia. Atendendo á demanda directa dos familiares, tanto de información sobre o síntoma como sobre aspectos prácticos sobre a alimentación, elaboraron esta Guía de Nutrición para Persoas con Disfaxia.

Nesta guía reúnense conceptos clínicos sinxelos sobre este síntoma e aspectos nutricionais básicos para estructurar unha dieta, incluíndo recomendacións prácticas sobre consistencias e texturas, pautas durante a alimentación, alimentos recomendados e a evitar, axuste de calorías e nutrientes e variedade na alimentación para que sexa aceptada polo paciente.

En definitiva, intentan dar a coñecer algunhas pautas de actuación, que deberán ser adaptadas de xeito individual e específica polo equipo de rehabilitación; e aportar información práctica para elaborar unha dieta axustada en nutrientes, variada, apetecible, asequible, con produtos de mercado, e naqueles casos máis graves, o uso correcto de alimentación adaptada con produtos farmacéuticos.

Deixar un comentario